Centro de privacidade das aplicacións Gemini

Última actualización: 15 de xullo de 2026

Table of contents

Aviso de privacidade das aplicacións Gemini

Última actualización: 29 de xuño de 2026

Este aviso complementa a Política de privacidade de Google e explica como trata Google os teus datos cando interactúas con Gemini, o teu asistente de IA persoal de Google, a través dos servizos que aparecen nesta lista (os termos "aplicacións Gemini" e "Gemini" úsanse para abreviar). Na Política de privacidade de Google explícase como trata Google os teus datos cando usas Gemini sen ter a sesión iniciada.

Google Ireland Limited proporciona as aplicacións Gemini no Espazo Económico Europeo e en Suíza, mentres que Google LLC as fornece no resto de lugares. A continuación, referímonos a ambas empresas como "Google".

Despregar todo Contraer todo

Que datos se recompilan?

Información que lle facilitas ás aplicacións Gemini

Información que recompilamos cando usas as aplicacións Gemini

  • Contido que xeran as aplicacións Gemini (como texto, código, audio, imaxes, vídeo, música, ligazóns públicas, citas, resumos de chats e estatísticas personalizadas)
  • Información sobre os pasos que dan as nosas tecnoloxías para realizar tarefas por ti ou responder as túas solicitudes, como os pasos de pensamento do modelo
  • Información das túas aplicacións, navegadores e dispositivos.
    • Información das túas aplicacións conectadas (incluídos os servizos de terceiros, como as ferramentas do servidor de Model Context Protocol) e doutros servizos de Google que usas coas aplicacións Gemini (por exemplo, o historial da Busca ou de YouTube, ou o contexto e o URL da páxina de Chrome)
    • Información sobre as aplicacións do teu dispositivo (por exemplo, para axudarche a realizar tarefas coas aplicacións)
    • Información sobre as aplicacións, os navegadores e os dispositivos que usas para acceder ás aplicacións Gemini (como son os identificadores, o tipo e a configuración do navegador e do dispositivo ou o sistema operativo)
    • Interacción das túas aplicacións, navegadores e dispositivos coas aplicacións Gemini (por exemplo, rexistros de interacción, métricas de rendemento e información de fallos e depuración)
    • Permisos do sistema e datos do dispositivo cando usas as aplicacións Gemini para móbiles, como os rexistros de chamadas e mensaxes, os contactos (para axudarche a comunicarte), as aplicacións instaladas (por exemplo, o Reloxo), as preferencias de idioma (para axudarche a falar con Gemini), o contido da pantalla (para axudarche a realizar accións relativas a el) e outra información das aplicacións, por exemplo o URL e o contexto da páxina (cando usas a superposición de Gemini para facer preguntas)
    • Datos do navegador remoto, como as cookies que conteñen a información de autenticación do teu sitio web e as capturas de pantalla ou outro contido da páxina
    • Información sobre o contexto dos dispositivos e servizos que usas con Gemini (por exemplo, o nome dos dispositivos de domótica e as listas de reprodución)
    • Datos sobre as túas interaccións co contido público das aplicacións Gemini
  • Información complementaria: datos recompilados a través das funcións complementarias das aplicacións Gemini que decidas usar.
  • Información de localización: a zona xeral do teu dispositivo, o enderezo IP ou os enderezos particular ou do traballo que teñas na túa Conta de Google. Obtén máis información en g.co/privacypolicy/location.
  • Información da subscrición: datos relacionados coa subscrición de pago, en caso aplicable, a un plan de Google AI.
Como se usan os teus datos?

Google usa estes datos, tal como se describe na nosa Política de privacidade, para o seguinte:

  • Fornecer os nosos servizos
  • Manter e mellorar os nosos servizos
  • Desenvolver novos servizos
  • Personalizar os nosos servizos
  • Personalizar os nosos servizos
  • Comunicarse contigo
  • Medir o rendemento
  • Protexer a Google, os nosos usuarios e o público

Estes usos esténdense aos modelos de IA xenerativa e outras tecnoloxías de aprendizaxe automática que utilizan os nosos servizos.

O equipo de revisión (que inclúe membros procedentes dos nosos fornecedores de servizos) examina algúns dos datos que recompilamos para estes fins. Non inclúas información confidencial que non che interese que vexan os membros do equipo de revisión ou que non queiras que use Google para mellorar os seus servizos, por exemplo as tecnoloxías de aprendizaxe automática.

Como reciben axuda dos servizos de Google as aplicacións Gemini?
  • Valémonos doutros servizos e infraestruturas de Google para ofrecer as aplicacións Gemini. Por exemplo, algunhas respostas de Gemini baséanse nos resultados da Busca. Ademais, cando Gemini obtén axuda do Asistente de Google para algunhas accións rápidas mediante voz, aplícanse as opcións de configuración pertinentes do Asistente.
  • Se tes 18 anos ou máis e cambias ás aplicacións Gemini, o teu historial de chamadas ou mensaxes de texto podería importarse desde a túa Actividade web e das aplicacións á túa Actividade nas aplicacións Gemini nalgunhas rexións. Isto axuda a mellorar a túa experiencia coas aplicacións Gemini, por exemplo as suxestións de contactos. Máis información.
Como funcionan as aplicacións Gemini con Aplicacións conectadas?

As aplicacións Gemini funcionan coas Aplicacións conectadas, como as de Google e os servizos de terceiros. Gemini garda e usa a información das Aplicacións conectadas de acordo con este aviso, entre outras cousas, para proporcionar e mellorar as aplicacións Gemini. As aplicacións de Google conectadas gardan e utilizan os teus datos segundo as súas políticas e a Política de privacidade de Google, por exemplo, para ofrecer e mellorar os seus servizos. Se usas as aplicacións Gemini para interactuar con servizos de terceiros, estes tratarán os teus datos de acordo co establecido nas súas políticas de privacidade.

Quen cumpra os requisitos para utilizar a función Intelixencia personalizada pode conectar algunhas aplicacións de Google ás aplicacións Gemini para gozar de novas experiencias máis personalizadas. Consulta máis información sobre os requisitos.

Funcións de audio

As aplicacións Gemini poden activarse accidentalmente (por exemplo, cando se produce un ruído que soa como "Hey Google" ou se as activas sen querer ao tocalas). Se as aplicacións Gemini responden, tratarán a túa entrada como unha activación normal. En función da túa configuración, estes datos úsanse para mellorar os servizos de Google. Entre eles inclúense os modelos de Gemini, outros modelos de IA xenerativa que se usan nas aplicacións Gemini e as tecnoloxías que axudan a reducir as activacións accidentais.

Canvas

Cando interactúas cunha aplicación de Canvas xerada polos usuarios, a persoa que a creou pode ver os datos que compartas e gardalos onde decida. Google ofrece almacenamento para os datos da aplicación de Canvas en Firebase, pero quen creou a aplicación tamén pode gardar os teus datos noutro lugar. Calquera persoa que teña a ligazón pública tamén pode ver e editar os datos gardados coa aplicación. Ten coidado e comparte só datos coas aplicacións de Canvas nas que confíes.

Configuración das opcións

Podes acceder á túa Conta de Google para xestionar os datos e a privacidade. As aplicacións Gemini tamén ofrecen opcións de configuración que che axudan a xestionar os teus datos e a túa experiencia, por exemplo:

  • Accede á actividade nas aplicacións Gemini para revisar e eliminar a túa actividade (incluídos os chats importados), cambiar o período de eliminación automática e controlar se os teus datos se usan para mellorar a IA de Google. Entre estes servizos inclúense, por exemplo, os modelos de IA xenerativa que se usan nas aplicacións Gemini. Coas opcións de configuración de Gemini non se controla o procesamento dos teus chats para crear datos anonimizados co fin de mellorar os servizos de Google. Aínda que teñas desactivada a opción de configuración Manter actividade, Google seguirá usando os teus chats para responderche e axudar a protexer a plataforma, as persoas que a utilizan e o público en xeral, mesmo coa axuda dun equipo de revisión.
  • Xestiona os Gems e as habilidades no xestor de Gems e no xestor de habilidades.
  • Vai a As túas ligazóns públicas para xestionalas.
  • Xestiona o acceso das aplicacións Gemini a outras aplicacións e datos (incluídos os servizos de terceiros, como as ferramentas do servidor de Model Context Protocol) na configuración das aplicacións conectadas.
  • Xestiona a información que lle pediches a Gemini que garde.
  • Xestiona a configuración da Chispa de Gemini.
  • Obtén máis información sobre como xestionar as funcións de personalización, como a personalización con Datos memorizados e Intelixencia personalizada.
  • Podes usar Gemini, aloxado na aplicación Google, como asistente do dispositivo en Android. Máis información sobre como xestionar os permisos da aplicación Google (como a localización do dispositivo, o micrófono e os permisos de notificación mailos de acceso á cámara).
  • Consulta máis información sobre como xestionar a configuración da aplicación Gemini para móbiles.
  • Obtén máis información sobre como establecer Google como a aplicación de asistente dixital predeterminada.

Se cambias a configuración das aplicacións Gemini, os demais axustes de Google non se verán afectados. Por exemplo, algunhas opcións, como Actividade web e das aplicacións ou Historial de localización, poden seguir gardando a localización e máis datos ao usares outros servizos de Google.

Durante canto tempo conservamos os teus datos?

Conservamos os teus datos durante diferentes períodos de tempo, en función de que información é e de como se usa, tal como se explica na Política de privacidade de Google e en Como conservamos en Google os datos que recompilamos

  • Podes cambiar a configuración da eliminación automática en Actividade nas aplicacións Gemini. O período predeterminado é de 18 meses, pero podes escoller entre 3 meses, 36 meses ou indefinido. Tamén podes eliminar manualmente os teus chats das aplicacións Gemini cando queiras.
  • Os chats que revisase o equipo de revisión (así como os datos relacionados con eles, como o teu idioma, o tipo de dispositivo, a localización e os comentarios) non se eliminan ao borrar a túa actividade. Estas conversas gárdanse durante tres anos como máximo.
  • Conservamos algúns datos ata que elimines a túa Conta de Google, como a información sobre a frecuencia coa que usas as aplicacións Gemini.
  • Conservamos algúns datos durante máis tempo cando sexa necesario para fins lexítimos empresariais ou legais, como por cuestións de seguranza, prevención de fraude e abusos ou ben para manter rexistros financeiros.
  • Cando usas Gemini con outros servizos de Google (como Wallet ou YouTube), estes poden gardar e usar a actividade de acordo coas súas propias políticas e coa Política de privacidade de Google. Aínda que elimines a túa actividade nas aplicacións Gemini, non se eliminarán os datos gardados noutros servizos.

Máis información sobre os períodos de conservación de datos de Google, como por exemplo o tempo que tardamos en eliminar a túa información.

Solicitude de retirada de contido e exportación da túa información

Podes solicitar a retirada de contido de acordo coas nosas políticas ou as leis aplicables. Tamén podes exportar a túa información.

Outra información útil
  • As aplicacións Gemini están en constante evolución. Poden ofrecer información inexacta ou ofensiva (mesmo sobre persoas) que non representa a postura de Google.
  • Algunhas funcións das aplicacións Gemini están deseñadas para axudarche a completar tarefas, como xestionar o teu contido de Workspace, interactuar con sitios web e comunicarte con outras persoas. Ten coidado ao usar estas funcións, xa que Gemini pode cometer erros, como facer compras ou compartir os teus datos con terceiros de forma inesperada.
  • Supervisa con atención a navegación web e as tarefas de Gemini, e interrompe o servizo se é necesario.
  • Google non supervisa nin protexe os datos das aplicacións conectadas de terceiros personalizadas. Se decides conectalas, os teus datos, contrasinais, dispositivos e contas poden quedar expostos a accesos non autorizados.
  • Non uses as aplicacións Gemini para recibir diagnósticos, tratamentos, asesoramento médico nin axuda legal, financeira ou profesional de ningún outro tipo. As respostas só teñen fins informativos.

Obtén máis información no Centro de privacidade das aplicacións Gemini e na Política de privacidade de Google.

Respecto dos dereitos doutras persoas

Cando uses Gemini, respecta os dereitos dos demais. Pide permiso antes de gravar persoas nun chat de Live ou de usar as súas caras ou voces en Gemini. Carga, xera e edita só o contido para o que teñas dereitos e permisos.

Preguntas sobre privacidade

Última actualización: 15 de xullo de 2026

Xerais

Que son as aplicacións Gemini?

As aplicacións Gemini ás que se fai referencia no Aviso de privacidade das aplicacións Gemini e no Centro de privacidade das aplicacións Gemini son as seguintes:

Ás veces as "aplicacións Gemini" tamén se denominan "aplicación Gemini" ou "Gemini". Se tes unha Conta de Google de traballo ou de centro educativo, o uso que fagas das aplicacións Gemini pode estar suxeito a condicións de tratamento de datos diferentes. Consulta máis información no Centro de privacidade de IA xenerativa en Google Workspace.

Como podo opoñerme ao tratamento dos meus datos ou solicitar que se corrixan os datos inexactos que haxa nas respostas das aplicacións Gemini?

As experiencias de modelos LLM (incluídas as aplicacións Gemini) poden alucinar e presentar información inexacta como se fose real.

Segundo algunhas leis sobre privacidade, por exemplo o Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE, é posible que teñas dereito ao seguinte:

  1. Opoñerte ao tratamento dos teus datos persoais.
  2. Solicitar que se corrixan os datos persoais inexactos que haxa nas respostas das aplicacións Gemini.

Para exercer estes dereitos, podes crear unha solicitude no noso Centro de axuda.

Tamén podes crear unha solicitude directamente nas aplicacións Gemini. Debaixo da resposta da aplicación Gemini, selecciona Máis e despois Informar dun problema legal.

Crear unha solicitude

Recursos adicionais

Para obter máis información sobre como exercer os teus dereitos en relación cos datos que recompilamos, consulta a Política de privacidade de Google e o aviso de privacidade das aplicacións Gemini.

Cales son as bases legais de Google para tratar os datos das aplicacións Gemini segundo a lexislación de protección de datos da Unión Europea (UE) ou do Reino Unido?

Se a lei de protección de datos da Unión Europea (UE) ou do Reino Unido se aplica ao tratamento da túa información, le atentamente o seguinte.

Cando tes a sesión iniciada e usas as aplicacións Gemini, Google trata a túa información para os fins e coas bases legais que se describen a continuación.

Cando facemos referencia á "túa información das aplicacións Gemini" a continuación, referímonos ás categorías de datos que se indican no aviso de privacidade das aplicacións Gemini, que son as seguintes: (i) a información que facilitas ás aplicacións Gemini (como as túas solicitudes e o contido que cargues, as gravacións e as transcricións das túas interaccións con Gemini Live, os teus comentarios e as instrucións para Gemini); (ii) a información que recompilamos cando usas as aplicacións Gemini (como o contido que xeran as aplicacións Gemini, a información das túas aplicacións, navegadores, dispositivos e de Aplicacións conectadas, e os datos dos dispositivos que se recompilan cando usas as aplicacións Gemini para móbiles); (iii) a información que se recompila a través das funcións complementarias das aplicacións Gemini que actives; (iv) a información de localización e (v) a información das túas subscricións.

As bases legais de Google son as seguintes:

  • Cumprimento dun contrato. Tratamos a túa información das aplicacións Gemini e calquera outra información que lles deas permiso para tratar a estas aplicacións, como cando as conectas a outro servizo, de modo que poidamos ofrecer e manter o servizo das aplicacións Gemini que solicitaches segundo as Condicións de servizo de Google. Por exemplo, tratamos a túa información das aplicacións Gemini para responder ás túas consultas e ofrecerche varias funcións e funcionalidades das aplicacións Gemini, como a xeración de vídeos, a edición de imaxes e o uso de accións de pantalla para chatear con Gemini.
  • Os intereses lexítimos de Google e de terceiros, con garantías adecuadas para protexer a túa privacidade.
    • Tratamos os datos procedentes de fontes dispoñibles publicamente e a túa información das aplicacións Gemini para poder ofrecer, manter, mellorar e desenvolver os produtos, servizos e tecnoloxías de aprendizaxe automática de Google.
      • O tratamento desta información para este fin é necesario para os intereses lexítimos de Google e dos nosos usuarios e usuarias á hora de facer o seguinte:
        • Ofrecer, manter e mellorar os nosos servizos para satisfacer as necesidades das nosas usuarias e usuarios (por exemplo, usar os chats para mellorar os modelos e as respostas das aplicacións Gemini en canto a seguranza e precisión).
        • Desenvolver novos produtos e funcións que sexan útiles para os nosos usuarios e usuarias (por exemplo, aprender a redirixir as solicitudes aos novos modelos que mellor se adapten para responder unha pregunta en particular ou adestrar novos modelos para xestionar estas solicitudes).
        • Entender como se utilizan os nosos servizos para garantir e mellorar o seu rendemento (por exemplo, xerar métricas para saber como se usan as aplicacións Gemini e así poder adaptar mellor a experiencia do usuario).
        • Personalizar os nosos servizos para ofrecer unha mellor experiencia (por exemplo, usar a túa información de localización e as túas conversas anteriores para que as aplicacións Gemini ofrezan respostas máis relevantes).
    • Tamén tratamos a túa información das aplicacións Gemini para manter a funcionalidade, a seguranza e a fiabilidade das aplicacións Gemini (por exemplo, mediante a detección, a prevención e a resposta a fraudes, usos inadecuados, riscos para a seguranza e problemas técnicos que poidan afectar a Google, ás nosas usuarias e usuarios ou ao público).
      • O tratamento desta información para este fin é necesario para os intereses lexítimos de Google, dos nosos usuarios e usuarias, e do público á hora de facer o seguinte:
        • Detectar, evitar ou solucionar problemas técnicos, de uso inadecuado, de fraude ou de seguranza relacionados cos nosos servizos (por exemplo, corrixir erros e solucionar fallos).
        • Protexer os dereitos, a propiedade ou a seguranza de Google, das nosas usuarias e usuarios ou do público en xeral na medida esixida ou permitida pola lexislación aplicable (por exemplo, actualizando os clasificadores de seguranza e os filtros de modelos).
        • Realizar investigacións que melloren os nosos servizos para os usuarios e usuarias e que beneficien o público.
        • Executar reclamacións legais, entre as que se inclúen a investigación de potenciais infraccións das Condicións de servizo aplicables (por exemplo, revisar a actividade sospeitosa e as interaccións que se marcaron como problemáticas).
      • O tratamento desta información para este fin tamén é necesario para os intereses lexítimos de Google e dos nosos socios comerciais a fin de cumprir as obrigas que temos cos nosos socios, como os programadores e os titulares de dereitos (por exemplo, atender as solicitudes de retirada dos titulares de dereitos de propiedade intelectual).
    • Para responder á túa solicitude (por exemplo, para resumir un correo electrónico dun contacto específico), tratamos datos persoais doutras persoas que lles facilitaches ás aplicacións Gemini (por exemplo, cando lles pides ás aplicacións Gemini que recuperen información de Google Workspace ou de Google Fotos).
  • Obrigas legais. Tamén tratamos a túa información das aplicacións Gemini para cumprir coa lexislación, cos regulamentos, cos procesos legais ou coas solicitudes gobernamentais aplicables (por exemplo, se recibimos unha solicitude legal de información dunha autoridade gobernamental).
  • O teu consentimento. Cando usas certas funcións, como Voice Match e Datos memorizados, ou cando permites que Google use as túas gravacións de audio e de Live para mellorar os seus servizos para todo o mundo, dependemos do teu consentimento. Nos casos nos que dependamos do teu consentimento para tratar a información, terás dereito a retiralo cando queiras.
Usades os meus chats das aplicacións Gemini para mostrarme anuncios?

Os teus chats nas aplicacións Gemini non se usan para mostrarche anuncios. Se isto cambia, comunicarémoscho claramente.

Se queres obter máis información sobre como protexemos a privacidade e a seguranza dos datos das usuarias e usuarios, consulta os nosos principios de privacidade e seguranza.

Quen ten acceso aos meus chats e como axuda a revisión humana a mellorar Gemini para todo o mundo?

Como axuda a revisión humana a mellorar os servizos de Google e a protexer a plataforma, os usuarios e usuarias, e o público en xeral?

Un subconxunto de chats sométese a unha revisión por parte do noso equipo (que inclúe membros cualificados procedentes dos fornecedores de servizos de Google) para axudar a mellorar os servizos de Google. Entre eles inclúense os modelos de Gemini, outros modelos de IA xenerativa que se usan nas aplicacións Gemini e as tecnoloxías que axudan a reducir as activacións accidentais.

Os membros do equipo de revisión avalían se as respostas das aplicacións Gemini son de baixa calidade, imprecisas ou daniñas. Tamén suxiren mellores respostas. Usamos as súas suxestións para axudar aos nosos modelos a responder mellor no futuro. Os chats tamén se revisan para que Gemini sexa seguro para todo o mundo e para abordar as infraccións das Condicións de servizo de Google, entre elas a Política sobre usos prohibidos da IA xenerativa. Os chats revisados gárdanse durante un máximo de tres anos.

Como protexemos a túa privacidade neste proceso?

Consideramos que a túa privacidade é algo moi serio e non lle vendemos a túa información persoal a ninguén. Os chats desvincúlanse da túa conta antes de enviarse aos fornecedores de servizos.

Como podes controlar o que se comparte cos revisores?

Para impedir que se revisen os teus chats futuros co fin de mellorar os servizos de Google, desactiva a opción de configuración Manter actividade. Se esa opción está activada, non inclúas datos confidenciais nin que non queiras que vexa o equipo de revisión ou que utilice Google para mellorar os seus servizos. Tamén podes usar os chats temporais, que non se usan para mellorar a IA de Google coa axuda do equipo de revisión. Máis información sobre os chats temporais.

Aínda que teñas desactivada a opción de configuración Manter actividade ou uses chats temporais, Google seguirá usando os teus chats para responderche e axudar a protexer a plataforma, as persoas que a utilizan e o público en xeral, mesmo coa axuda dun equipo de revisión.

Durante canto tempo conserva Google os meus chats temporais e os chats que teño cando está desactivada a opción Manter actividade? Que fai Google con estes datos?

Google necesita reter estes chats para responderche, axudar a protexer a Google, os nosos usuarios e usuarias, e o público en xeral, así como para procesar os comentarios que decidas facilitar.

Velaquí tes máis información:

Os chats temporais e os que teñas cando a opción Manter actividade estea desactivada conservaranse na túa conta durante 72 horas e utilízanse para o seguinte:

  • Responderche usando como contexto as últimas 24 horas do teu chat.
  • Protexer a Google, os nosos usuarios e usuarias, e o público en xeral. Por exemplo, Google almacena os teus chats coa túa conta durante 72 horas para que estean dispoñibles en caso de que se produza un posible fallo do sistema.

Os chats temporais non se usan para adestrar os modelos de IA de Google. Se tes desactivada a opción Manter actividade e non envías comentarios, Google tampouco utilizará os teus chats futuros para mellorar os seus modelos de IA. Máis información sobre como iniciar un chat temporal.

Se a opción Manter actividade está desactivada e decides enviar comentarios, Google recompila e usa os seguintes datos para axudar a manter e mellorar as aplicacións Gemini:

  • Os teus comentarios.
  • O contexto que nos pode axudar a entender mellor os teus comentarios (por exemplo as últimas 24 horas dos teus chats).
  • Calquera contido que se inclúa neses chats (como as cargas e os datos de Aplicacións conectadas).

Máis información sobre como usa Google os teus comentarios.

Como usa Google os meus comentarios?

Os teus comentarios, calquera contido que se inclúa (como ficheiros ou o teu contido persoal de Aplicacións conectadas), as conversas asociadas (por exemplo, as túas solicitudes e as respostas das aplicacións Gemini) e os datos relacionados contan coas seguintes características:

  • Revísanos equipos con preparación especial. A revisión humana é necesaria para axudar a identificar, tratar e informar dos posibles problemas que se indican nos comentarios. Nalgúns casos, esíxeo a lei.
  • Úsanse de acordo coa Política de privacidade de Google. Google usa estes datos para ofrecer, mellorar e desenvolver os seus produtos, servizos e tecnoloxías de aprendizaxe automática. Isto explícase con máis detalle na nosa Política de privacidade.
    • Por exemplo, usamos estes datos para que as aplicacións Gemini sexan máis seguras. Axúdannos a detectar e evitar solicitudes ou respostas que non son seguras no futuro.
  • Consérvanse durante un máximo de 3 anos. Os comentarios revisados, as conversas asociadas e os datos relacionados consérvanse durante un máximo de 3 anos, desvinculados da túa Conta de Google.

Máis información sobre como enviar comentarios ou informar dun problema coas aplicacións Gemini.

Que controla a opción Manter actividade?

Se a opción de configuración Manter actividade está activada, ocorre o seguinte:

Os teus chats e o que compartas con Gemini (por exemplo, ficheiros, vídeos, pantallas e fotos) gardaranse na túa actividade.

Entre a actividade que se garda tamén se inclúen audios, vídeos e pantallas compartidas de Gemini Live, comentarios, información dos sitios web que visitas con Gemini, datos de uso do produto e información de localización (por exemplo, a localización xeral do teu dispositivo, o teu enderezo IP ou os enderezos particular ou do traballo que teñas na túa Conta de Google).

Como se usa a túa actividade?

Google utiliza a túa actividade para proporcionar, desenvolver e mellorar os seus servizos (como o adestramento de modelos de IA xenerativa), así como para protexer a plataforma, as persoas que a utilizan e o público en xeral (coa axuda dun equipo de revisión). Os datos revisados por fornecedores de servizos desvincúlanse da túa conta e gárdanse durante 3 anos. De forma predeterminada, as túas gravacións de audio, os vídeos e as pantallas compartidas de Gemini Live non se empregan para mellorar os servizos de Google. En función da configuración e da rexión que teñas definidas, Google tamén usa a túa actividade para personalizar a túa experiencia.

Ti tes o control

A túa actividade elimínase automaticamente ao cabo de 18 meses. Podes cambiar esta opción para que os datos se borren pasados 3 ou 36 meses, ou ben escoller que non se eliminen de xeito automático. Podes desactivar esta opción de configuración ou revisar e eliminar a túa actividade en calquera momento na opción Actividade nas aplicacións Gemini.

Importante

  • As aplicacións Gemini están deseñadas para agardar en modo de espera ata que se activen (por exemplo, cando detectan "Hey Google"). No entanto, as gravacións de audio poden comezar uns segundos antes de que se produza a activación.
  • Gemini pode activarse por accidente (por exemplo, se detecta algún ruído semellante a "Hey Google"). As transcricións destas gravacións tamén se empregan co obxectivo de tentar reducir as activacións accidentais para todo o mundo.
  • A activación desta opción de configuración restaura o acceso de Gemini ás aplicacións conectadas con anterioridade.

Se a opción de configuración Manter actividade está desactivada, ocorre o seguinte:

A partir de agora, os chats nos que participes non se mostrarán na túa actividade nin se utilizarán para adestrar os nosos modelos de IA, a menos que decidas enviarlle comentarios a Google. Con todo, os futuros chats gardaranse durante 72 horas para que Gemini poida responderche, procesar os teus comentarios e protexer a Google, as persoas que utilizan Google e o público en xeral.

Importante

Podes xestionar esta opción de configuración cando queiras.

Como podo controlar se Google usa as miñas gravacións de audio e os vídeos e as pantallas compartidas de Gemini Live para mellorar os seus servizos?

Podes permitir que Google use as túas gravacións de audio e os vídeos e pantallas compartidas de Gemini Live para mellorar os seus servizos para todo o mundo en Actividade nas aplicacións Gemini.

Se activas esta opción de configuración, ocorrerá o seguinte:

Google usará o teu audio e os teus vídeos e pantallas compartidas de Gemini Live na actividade das aplicacións Gemini para mellorar e desenvolver os nosos servizos (por exemplo, para adestrar os modelos de IA xenerativa). Este uso abrangue as gravacións de audio e os vídeos e as pantallas compartidas de Gemini Live que xa se almacenasen na opción Actividade nas aplicacións Gemini e mais os que se engadan no futuro.

Unha porción deste contido sométese a revisión por parte de membros do noso equipo. Co fin de protexer a túa privacidade, a actividade que se envía a fornecedores de servizos non está conectada coa túa Conta de Google.

Importante

  • As aplicacións Gemini están deseñadas para agardar en modo de espera ata que se activen (por exemplo, cando detectan "Hey Google"). No entanto, as gravacións de audio poden comezar uns segundos antes de que se produza a activación.
  • Gemini pode activarse por accidente (por exemplo, se detecta algún ruído semellante a "Hey Google"). Estas gravacións tamén se empregan co obxectivo de tentar reducir as activacións accidentais para todo o mundo.
  • Se usas Gemini con Voice Match, utilízase temporalmente un modelo da túa voz para mellorar Voice Match.
  • Esta opción de configuración é independente das que tes noutros servizos, como a configuración de Gemini para Google Home para mellorar os servizos de Google coas gravacións de voz, de audio e de Gemini Live. Podes xestionar esa opción de configuración no teu historial de Google Home.

Ti tes o control

Podes desactivar esta opción de configuración ou xestionar e eliminar as túas pantallas compartidas e os teus audios e vídeos de Gemini Live en calquera momento.

Se desactivas esta opción de configuración, ocorrerá o seguinte:

A partir de agora, as túas gravacións de audio e os vídeos e pantallas compartidas de Gemini Live de Actividade nas aplicacións Gemini non se usarán para mellorar os nosos servizos (entre os que se inclúen os modelos de IA), a menos que decidas enviarlle comentarios a Google.

Importante

  • As gravacións de audio e os vídeos e as pantallas compartidas de Gemini Live das interaccións que realices a partir de agora seguirán usándose para responderche e axudar a facer que Gemini sexa un servizo seguro.
  • As transcricións dos teus chats de Live en Actividade nas aplicacións Gemini e calquera outro contido que compartas coas aplicacións Gemini pódense xestionar desde a opción de configuración Manter actividade, que podes desactivar cando queiras.
  • Esta opción de configuración é independente das que teñas noutros servizos. Por exemplo, se a desactivas, non se desactivará a opción de configuración Gemini para Google Home para mellorar os servizos de Google coas gravacións de voz, de audio e de Gemini Live. Podes desactivar esa opción de configuración no teu historial de Google Home.
Como usan as aplicacións Gemini a miña información e instrucións gardadas?

As aplicacións Gemini usan as túas instrucións (chamadas "Información gardada" nalgunhas rexións) para personalizar a túa experiencia e axudarche a facer cousas como completar tarefas e accións programadas. Estes datos permanecerán gardados ata que decidas eliminalos. Podes deixar de gardar instrucións cando queiras. Máis información.

Como podo controlar se as aplicacións Gemini usan os meus chats anteriores para personalizar a miña experiencia?

Gemini pode personalizar a túa experiencia e axudarche a facer cousas, como tarefas, consultando os teus chats en Actividade nas aplicacións Gemini e usándoos para xerar estatísticas personalizadas. Máis información sobre como activar ou desactivar a función Datos memorizados.

Se a función Datos memorizados está activada, o que ocorre é o seguinte:

  • Gemini pode usar a información confidencial que facilitases nos teus chats para personalizar a túa experiencia.
  • Podes iniciar un chat temporal para falar de información que non queres que Gemini lembre nin use para personalizar a túa experiencia.
  • Se queres evitar que Gemini use a información dun chat anterior para personalizar a túa experiencia, elimina ese chat.
Como trata Google os meus datos cando uso as aplicacións Gemini sen ter a sesión iniciada?

Cando usas as aplicacións Gemini sen ter a sesión iniciada, Google trata os teus datos (como o teu enderezo IP e o tipo de navegador) segundo o estipulado na Política de privacidade de Google. Os teus datos non están asociados á túa conta de Google. Non se aplica o Aviso de privacidade das aplicacións Gemini.

Información sobre a localización e outros permisos

Que información de localización recompilan as aplicacións Gemini, por que e como se usa?

Os datos de localización sempre se recompilan cando usas as aplicacións Gemini para poder ofrecerche unha resposta relevante para a túa consulta. Por exemplo, para responder a solicitudes como "Que tempo fai?", as aplicacións Gemini necesitan saber a túa localización.

De onde proceden os datos de localización das aplicacións Gemini e como se usan?

A fonte dos datos de localización que recompilan as aplicacións Gemini varía. De forma predeterminada, as aplicacións Gemini usan a zona xeral obtida a partir do teu enderezo IP, ou ben dos enderezos particular ou do traballo que figuren na túa Conta de Google, para ofrecerche respostas relevantes a solicitudes como "Que tempo fai?".

Co teu permiso, as aplicacións Gemini tamén tratan os datos de localización precisa do teu dispositivo. Por exemplo, estas poden usar a túa localización precisa para responder con máis exactitude a solicitudes como "Onde está a cafetaría máis próxima?". Gemini tamén pode recibir datos de localización precisa doutro servizo de Google, como Google Maps, aínda que a opción de configuración de localización precisa estea desactivada na aplicación Google

Google usa os teus datos de localización, entre os que se inclúen os teus datos de localización precisa, para os fins e en función das bases legais que se describen no Aviso de privacidade das aplicacións Gemini. Podes obter máis información sobre os datos de localización en g.co/privacypolicy/location.

As aplicacións Gemini poden compartir os teus datos de localización precisa con outro servizo de Google, por exemplo Google Maps, para atender a túa solicitude. O servizo de Google que recibe os teus datos de localización úsaos de acordo coa Política de privacidade de Google.

Gemini pode recibir a túa localización precisa doutro servizo de Google, por exemplo Google Maps, para atender a túa solicitude aínda que a opción de configuración de localización precisa estea desactivada na aplicación Google.

Como se almacenan os datos de localización?

  • A localización precisa que se trata co teu permiso desde o teu dispositivo ou navegador non se almacena na túa actividade nas aplicacións Gemini.
  • Os datos de localización que tratan as aplicacións Gemini convértense nunha zona xeral antes de almacenarse coa túa actividade nas aplicacións Gemini. Unha zona xeral ten máis de 3 quilómetros cadrados e polo menos 1000 usuarios e usuarias, de tal forma que non se te poida identificar cando crees unha solicitude, o que contribúe a protexer a túa privacidade. Isto significa que unha zona xeral adoita ter moito máis de 3 quilómetros cadrados fóra das cidades.

Como controlar e xestionar os teus datos?

Podes facer o seguinte en calquera momento:

Cousas que convén saber

As referencias á localización poden almacenarse nos teus chats se forman parte das túas solicitudes ou respostas (por exemplo, se lles preguntas ás aplicacións Gemini sobre restaurantes preto de ti e a resposta fai referencia á túa cidade). Podes xestionar e eliminar a túa actividade nas aplicacións Gemini cando queiras.

Como sei se as aplicacións Gemini teñen acceso á miña localización precisa e a están usando?

Comproba se as aplicacións Gemini teñen acceso á túa localización precisa e a están usando. 

Como comprobalo?

Gemini pode recibir os teus datos de localización precisa doutro servizo de Google, como Android Auto, para atender a túa solicitude aínda que as opcións de configuración de localización precisa mencionadas arriba estean desactivadas.  Máis información sobre como desactivar a localización precisa en Android Auto e Google integrado.

Gemini en Mensaxes de Google

Gemini en Mensaxes de Google non ten acceso á túa localización precisa. Consulta onde está dispoñible Gemini en Mensaxes de Google.

Obtén máis información sobre a túa localización e como xestionala.

Onde se gardan os meus datos cando Gemini e o Asistente de Google funcionan conxuntamente?
Cando Gemini e o Asistente de Google funcionan conxuntamente na aplicación Gemini para móbiles, a túa actividade gárdase en Actividade nas aplicacións Gemini (se a opción de configuración Manter actividade está activada) e úsase tal e como se describe no aviso de privacidade das aplicacións Gemini. Cando o Asistente de Google impulsa funcións ou dispositivos fóra da aplicación Gemini para móbiles, a túa actividade gárdase en Actividade web e das aplicacións (se está activada). Máis información sobre como funciona o Asistente de Google cos teus datos.
Como xestiono os permisos do móbil cando Gemini é o asistente do dispositivo?

Aplicación Gemini para móbiles (en Android)

Gemini está aloxado na aplicación Google, mesmo se descargas a aplicación Gemini . Gemini e a aplicación Google poden usar varias funcións e capacidades do teu dispositivo (por exemplo, a cámara, o micrófono, os contactos ou a localización) en función dos teus permisos da aplicación Google. Para revisar e xestionar estes permisos, sigue estes pasos:

  1. Mantén premida a aplicación Google Google Search.
  2. Toca Información da aplicación e despois Permisos.
  3. Para cambiar a configuración dun permiso, tócao e escolle Permitir ou Non permitir.

Cargas

Como usa Google as imaxes que cargo?

Como funcionan as imaxes nas solicitudes?

Podes incluír unha imaxe coa túa solicitude para facerlle preguntas a Gemini sobre ela, editala ou usala para xerar outro contido (como un vídeo). Cando engades unha imaxe á túa solicitude ou unha captura de pantalla mediante unha acción da pantalla, por exemplo "Fai preguntas sobre esta pantalla", as aplicacións Gemini tamén usan a tecnoloxía de Google Lens para entender o contido da imaxe e ler o texto. Google usa esta información como calquera outra solicitude, tal como se explica no aviso de privacidade das aplicacións Gemini.

Que ocorre cando comparto unha foto ou un vídeo dunha aplicación conectada de galería multimedia coas aplicacións Gemini?

Se compartes unha foto ou vídeo dunha aplicación conectada de galería multimedia (como Google Fotos) coas aplicacións Gemini, a túa foto ou vídeo tratarase de conformidade co Aviso de privacidade das aplicacións Gemini. Isto significa, por exemplo, que se usas as accións da pantalla ou a función de carga de Gemini para compartir unha foto ou vídeo da aplicación de galería multimedia coas aplicacións Gemini e tes activada a opción de configuración Manter actividade, a túa foto ou vídeo utilizarase para mellorar os servizos de Google coa axuda do equipo de revisión. Máis información sobre a opción de configuración Manter actividade.

Aplicacións conectadas en Gemini

Que ocorre cos meus datos que intercambian Gemini, Aplicacións conectadas e outros servizos?

Gemini pode usar as aplicacións conectadas e outros servizos para ofrecerche axuda personalizada, atopar información e axudarche a realizar máis tarefas. Por exemplo, se te conectas a Google Workspace ou Google Fotos, podes usar Gemini para buscar información nos teus correos electrónicos ou fotos. Se pides recomendacións sobre voos e hoteis, Gemini pode usar a información dispoñible publicamente de Google Voos e de Hoteis en Google para ofrecerche axuda personalizada.

Que datos se comparten?

Os datos compartidos entre Gemini e Aplicacións conectadas, ademais doutros servizos de Google, inclúen o seguinte:

  • Información dos teus chats con Gemini
  • Información sobre o teu dispositivo e as túas preferencias (como o idioma)
  • Información sobre a túa localización
  • Información e contido das túas aplicacións conectadas (como correos electrónicos, ficheiros, eventos, fotos e vídeos)

Como se usan os teus datos?

Gemini usa os datos de Aplicacións conectadas segundo o estipulado no Aviso de privacidade das aplicacións Gemini; por exemplo, para ofrecerche axuda personalizada, atopar información para ti e axudarche a sacar adiante máis tarefas. Se cumpres certos requisitos necesarios e activas a personalización con determinadas aplicacións conectadas, Google tamén usará os datos desas aplicacións para personalizar a túa experiencia en Gemini e facer cousas por ti, como cando usas a Chispa de Gemini ou Gemini en Chrome.

Os datos que Gemini comparte con outros servizos de Google utilízanse de acordo coa Política de privacidade de Google (por exemplo, para a mellora de produtos). Cando lle pides a Gemini que faga cousas por ti, Gemini comparte os datos necesarios con outros no teu nome para axudarche a completar as tarefas. As aplicacións de terceiros usan os datos de Gemini de acordo coas súas propias condicións e políticas de privacidade.

Como xestionar as túas aplicacións conectadas?

Podes conectar e desconectar aplicacións na configuración de Aplicacións conectadas. Obtén máis información sobre como controlar con que aplicacións funciona Gemini.

Algunhas aplicacións conectadas, como Teléfono, Mensaxes, WhatsApp e Utilidades, están dispoñibles no teu dispositivo móbil Android tanto se a opción Manter actividade está activada como se está desactivada. Nestes momentos, outras aplicacións conectadas, como Google Workspace, non están dispoñibles se desactivas Manter actividade. Se volves activar Manter actividade, restaurarase o acceso de Gemini ás aplicacións conectadas con anterioridade.

Desconexión de aplicacións e eliminación de datos

Información útil

  • Se lles pides ás aplicacións Gemini que cambien algún contido compartido ou controlen dispositivos compartidos noutros servizos, calquera persoa que teña acceso ao contido ou dispositivo compartido podería ver esas accións.
  • Antes de conectar un servidor de Model Context Protocol (MCP) de terceiros personalizado para engadir unha aplicación conectada personalizada, asegúrate de que ese terceiro sexa de confianza e de entender as accións admitidas. Google non controla, supervisa nin protexe eses servidores.
Como podo permitir que Gemini personalice a miña experiencia cos meus datos de Aplicacións conectadas?

Os usuarios que cumpran os requisitos para utilizar a función Intelixencia personalizada poden conectar algunhas aplicacións de Google a Gemini para gozar de novas experiencias máis personalizadas que antes non estaban dispoñibles en Gemini a través de Aplicacións conectadas. Obtén máis información sobre a personalización cos teus datos de Aplicacións conectadas.

Como se usan os meus datos para facer chamadas e enviar mensaxes con aplicacións conectadas en Gemini?

Que datos se recompilan e tratan?

Cando usas as aplicacións conectadas en Gemini para axudarche a facer chamadas ou enviar mensaxes, as aplicacións Gemini para móbiles recompilan e tratan o seguinte:

  • Actividade nas aplicacións Gemini (se está dispoñible)
  • Rexistros de chamadas e mensaxes do dispositivo
  • Información de contacto
  • Información e configuración do dispositivo

Se antes usabas o Asistente de Google para facer chamadas ou enviar mensaxes, poderían importarse ata 90 días do teu historial de solicitudes de comunicacións gardadas do Asistente de Google (por exemplo, "Envíalle unha mensaxe a Serxio") desde a túa Actividade web e das aplicacións á túa Actividade nas aplicacións Gemini. Obtén máis información sobre como reciben axuda dos servizos de Google as aplicacións Gemini.

Como se usan os datos?

Para facer chamadas ou enviar mensaxes coas aplicacións conectadas, as aplicacións Gemini para móbiles usan os teus datos para o seguinte:

  1. Escoller a aplicación de mensaxaría ou chamadas máis útil.
  2. Axudarche a conectar coa persoa adecuada.

As mensaxes que crees e envíes coa aplicación Gemini non estarán encriptadas de extremo a extremo por Google.

Como controlar e xestionar os teus datos?

Importante: As opcións de configuración do Asistente de Google, como as do Asistente na pantalla de bloqueo, non se aplican ás aplicacións conectadas a Gemini.

Chispa de Gemini

Como usa a Chispa de Gemini os meus datos co navegador remoto e o ordenador remoto?

Cando usas a función beta Chispa de Gemini, Gemini pode usar un navegador ou ordenador remoto para axudarche a completar as tarefas e executar código. Esta función só está dispoñible cando a opción Manter actividade está activada. Máis información sobre a función Chispa de Gemini.

Cando usas a función beta Chispa de Gemini en macOS, Gemini tamén pode interactuar directamente cos ficheiros locais que decidas engadir aos teus cartafoles conectados. Por exemplo, Gemini pode editar e organizar os teus ficheiros locais. Máis información sobre a función Chispa de Gemini en macOS.

Que datos se tratan?

Cando usas a Chispa, Gemini usa información das túas tarefas, horarios, habilidades, navegador remoto, ordenador remoto e calquera outra fonte dispoñible, como Aplicacións conectadas, Intelixencia personalizada e información dos sitios web cos que interactúa (por exemplo, aqueles nos que teñas a sesión iniciada).

  • Navegador remoto: Gemini procesa a información da túa sesión de navegación, como as cookies que conteñen a información de autenticación nos sitios web e o contido das páxinas.
  • Ordenador remoto: Gemini garda e executa ficheiros .md, código e outra información relacionada coas túas tarefas. Entre esta información gardada, pódense incluír datos que consideres confidenciais procedentes das diversas fontes (por exemplo, Intelixencia personalizada e Aplicacións conectadas) que usase a Chispa para entender e procesar as túas tarefas.

Estes datos úsanse de acordo co Aviso de privacidade das aplicacións Gemini para, entre outras cousas, facilitarche o uso do navegador e do ordenador remotos en futuros chats. Podes eliminar estes datos cando queiras na configuración da Chispa de Gemini

Que datos se comparten?

Para completar as túas tarefas (por exemplo, a través das aplicacións conectadas e do navegador remoto), Gemini compartirá con outros servizos e terceiros a información necesaria (por exemplo, datos como o teu nome e enderezo ou información que consideres confidencial). Entre esta información, pódense incluír datos das túas aplicacións conectadas e ficheiros do ordenador remoto.

Como controlar e xestionar os teus datos?

Navegador remoto: Podes interromper as accións da Chispa de Gemini no navegador remoto se seleccionas  Deter na caixa de texto da solicitude ou Asumir control no navegador remoto.

Tamén podes eliminar os datos do navegador remoto na configuración da Chispa de Gemini. Pecharase a túa sesión en todos os sitios do navegador remoto.

Ordenador remoto: Podes xestionar ou borrar os ficheiros e o historial de execución de código directamente na configuración da Chispa de Gemini.

Que ocorre cando desactivas a Chispa de Gemini?
Se desactivas a función Chispa de Gemini, ocorrerá o seguinte: Se volves activar a función Chispa de Gemini, ocorrerá o seguinte:
  • Gemini retomará automaticamente as tarefas e programacións que estean en pausa. 

Gemini Live

Como usa Google os datos de Gemini Live?

As gravacións e transcricións das túas interaccións con Gemini Live, así como outros contidos que compartas con Gemini Live, trátanse segundo o establecido no Aviso de privacidade das aplicacións Gemini e almacénanse na Actividade nas aplicacións Gemini se tes activada a opción de configuración Manter actividade. Podes xestionar e eliminar a túa actividade nas aplicacións Gemini cando queiras.

Se a opción Manter actividade está desactivada, os teus chats de Gemini Live almacenaranse na túa Conta de Google durante un máximo de 72 horas para que Google poida ofrecer o servizo e procesar os comentarios. Máis información.

Transcricións de Gemini Live

Se a opción Manter actividade está activada, as transcricións dos teus chats de Live úsanse para mellorar os servizos de Google, entre os que se inclúen os modelos de IA. Máis información sobre a opción de configuración Manter actividade.

Audio, vídeos e pantallas compartidas de Gemini Live

De forma predeterminada, os audios, os vídeos e as pantallas compartidas de Gemini Live non se usan para mellorar os servizos de Google. Máis información sobre como cambiar esta opción en calquera momento.

Lembra respectar a privacidade doutras persoas e pídelles permiso antes de gravalas ou de incluílas nun chat de Live.

Máis información sobre como usar Gemini Live.

Gemini en Chrome

Que ocorre cos meus datos cando uso Gemini en Chrome?

Cando usas a función Gemini en Chrome, Gemini recompila e procesa o contido da páxina e o URL da pestana actual, así como de calquera outra pestana que compartises coa función. Se usas Gemini en Chrome para atopar páxinas que visitaches en Chrome, Gemini tamén recompilará os URL relevantes do teu historial. É posible que non vexas parte do contido da páxina que usa Gemini.

Como se almacenan os datos?

A información dos sitios web que visites coa función Gemini en Chrome, así como os audios e ficheiros que compartas con ela, gardaranse en Actividade nas aplicacións Gemini se tes activada a opción de configuración Manter actividade. O contido da páxina rexistrarase temporalmente na túa Conta de Google e non aparecerá na túa actividade nas aplicacións Gemini.

Como controlar e xestionar os teus datos?

Podes deixar de compartir a pestana actual e calquera outra pestana aberta que compartises con Gemini. Máis información.

Automatización da pantalla nas aplicacións para Android

Que ocorre cos meus datos cando Gemini usa a automatización da pantalla para axudarme a levar a cabo tarefas nas aplicacións para Android?

Gemini pode axudarche a levar a cabo tarefas (por exemplo, facer pedidos ou reservar viaxes) mediante a automatización da pantalla en determinadas aplicacións do teu dispositivo.

Ti tes o control

Gemini pode cometer erros. Es responsable do que faga no teu nome, polo que debes supervisar de preto as súas accións. Podes deter a tarefa que estea levando a cabo, ver o seu progreso e tomar o control manualmente.

Importante

Durante a automatización, Gemini fai capturas de pantalla que poden incluír calquera información visible na aplicación. O equipo de revisión analiza as capturas de pantalla e úsaas para mellorar os servizos de Google sempre e cando estea activada a opción de configuración Manter actividade. Non inclúas información de inicio de sesión nin de pago nos chats con Gemini.

Non uses a automatización da pantalla en situacións de emerxencia nin en tarefas relacionadas con información confidencial. Se a automatización da pantalla está desactivada, podes seguir usando Gemini con aplicacións conectadas. Máis información sobre Aplicacións conectadas

Obtén máis información sobre como podes usar Gemini para levar a cabo tarefas coa automatización da pantalla.

Compras

Que ocorre cos meus datos cando engado artigos ao carro da compra de Google desde Gemini?

Cando engades produtos ao teu carro da compra de Google desde Gemini, os datos do carro e dos pedidos gárdanse no teu Google Wallet. Estes datos úsanse de acordo coas Condicións de Google e a Política de privacidade de Google, así como coa túa configuración de Wallet, por exemplo, para a personalización e os anuncios (segundo a túa configuración).

Como controlar e xestionar os teus datos? 

Podes acceder ao teu carro da compra de Google en Gemini cando queiras a través da opción de configuración Carro e os meus pedidos.

Máis información sobre como xestionar os teus datos e a túa privacidade en Google Wallet.

Que ocorre cos meus datos cando uso Google Pay en Gemini?

Cando usas Google Pay para facer compras en Gemini, o historial de transaccións gárdase en A miña actividade de Google Pay. Estes datos úsanse de acordo co Aviso de privacidade de Google Payments e coa configuración de Google Pay e Google Wallet, por exemplo, para a personalización e os anuncios (en función da túa configuración). 

Como controlar e xestionar os teus datos? 

Podes consultar o historial de transaccións cando queiras no sitio web de Google Wallet.

Máis información sobre como che pode axudar Gemini a facer compras. 

Gems de Google Labs

Que ocorre cos meus datos cando interactúo con Gems de Google Labs?

Agora podes acceder aos Gems de Google Labs e atopalos nas aplicacións Gemini ou en opal.google.

Os Gems de Google Labs son fluxos de traballo personalizados agrupados en miniaplicacións de IA que podes crear, editar e compartir. Cando interactúas cos Gems de Google Labs, estás usando Opal, un experimento de Google Labs.

Importante: Opal, un experimento de Google Labs, non forma parte das aplicacións Gemini. Isto significa que os datos desta experiencia non aparecen na túa actividade nas aplicacións Gemini e non están controlados pola configuración de aplicacións conectadas de Workspace de Gemini. Non se aplica o Aviso de privacidade das aplicacións Gemini. Os teus datos de Opal, incluídos os comentarios que envíes, trataranse segundo o estipulado na Política de privacidade de Google.

Como se almacenan os datos?

As xemas de Google Labs que crees, as túas interaccións con elas e o contido multimedia (audio, imaxes, documentos) que cargues almacenaranse no cartafol Opal do teu Google Drive.

Como podes controlar e xestionar os teus datos, incluída a eliminación dos teus Gems de Google Labs?

Podes eliminar Gems de Google Labs no xestor de Gems da aplicación web Gemini ou no cartafol Opal de Google Drive. Tamén se eliminará o historial de interaccións asociado ao Gem de Google Labs.

Máis información sobre Gems de Google Labs.

Datos importados doutras plataformas de IA

Que ocorre cos meus datos cando importo datos memorizados ou chats doutras plataformas de IA?

Os datos (memorizados e de chats) que importes doutras plataformas de IA gardaranse na túa actividade. Estes datos úsanse de forma coherente coa túa actividade nas aplicacións Gemini, entre outras cousas, para mellorar os nosos servizos (por exemplo, adestrar modelos de IA xenerativa), así como para protexer a Google, as persoas que utilizan a plataforma e o público en xeral. Podes xestionar ou eliminar a túa actividade cando queiras. Descubre como xestionar e eliminar a túa actividade nas aplicacións Gemini.

Tamén podes eliminar cando queiras chats importados concretos ou todos os chats importados asociados ao ficheiro .zip que se usou para importalos nas aplicacións Gemini.

Cadernos

Que ocorre cos meus datos cando uso cadernos en Gemini?

Os chats que teñas cos cadernos en Gemini gardaranse segundo o que estableceses na opción de configuración Manter actividade e usaranse tal e como se describe no Aviso de privacidade das aplicacións Gemini (entre outras cousas, para mellorar Gemini coa axuda do equipo de revisión). Os ficheiros que engadas como fonte ao caderno en Gemini non se usarán directamente para adestrar os nosos modelos de IA xenerativa.

Avatares

Que ocorre cos meus datos cando creo un avatar nas aplicacións Gemini?

Para crear un avatar, debes facer unha gravación da túa voz e da túa cara. Google usa eses datos para xerar contido de IA co teu avatar nalgúns dos seus servizos (por exemplo, as aplicacións Gemini), así como para protexer a plataforma, as persoas que a utilizan e o público en xeral.

Como se almacenan os datos?

As túas gravacións almacénanse de forma segura na túa Conta de Google. Se non accedes a elas nin as usas durante 3 anos, Google eliminaraas automaticamente.

Como controlar e xestionar os teus datos?

Ti tes o control das túas gravacións, polo que podes eliminalas cando queiras desde a pestana Datos e privacidade da túa Conta de Google. Tamén podes atopar a opción de eliminación na configuración de Gemini.

Como se usan os teus datos?

Non utilizamos as túas gravacións para adestrar os modelos de IA xenerativa que se usan nos nosos servizos, a menos que o obxectivo sexa abordar casos relacionados con danos ou usos inadecuados.

Importante: Esta opción de configuración é independente da que ofrece YouTube para os datos do avatar almacenados na túa canle de YouTube (se tes unha). Aínda que se elimine unha, a outra non se verá afectada.

Canvas

Que ocorre cos meus datos cando interactúo coas aplicacións web de Canvas?

Cando interactúas con aplicacións de Canvas xeradas polos usuarios, calquera persoa que teña a ligazón pública pode ver os datos que compartas.

Como se almacenan os datos?

Google ofrece a opción de que as aplicacións de Canvas almacenen os datos das usuarias e usuarios de forma permanente en Firebase. Quen crea as aplicacións pode decidir usar esta opción, pero tamén pode almacenar os teus datos de interacción noutros lugares (ou non almacenalos).

Como controlar e xestionar os teus datos?

Ten coidado e interactúa só coas aplicacións nas que confíes. Unha vez que compartes datos cunha aplicación de Canvas, non tes a opción de eliminalos, pero si a ten a persoa que creou a aplicación.

Condicións de servizo

Que condicións se aplican ao uso das aplicacións Gemini?

As aplicacións Gemini están suxeitas ás Condicións de servizo de Google e á Política sobre usos prohibidos da IA xenerativa.

Se resides en Corea, tamén aceptas que o uso que fagas das aplicacións Gemini estará suxeito ás Condicións do servizo de localización de Corea.

Recursos relacionados

Máis recursos sobre as aplicacións Gemini para móbiles

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
10299190970770619395
true
Buscar no Centro de axuda
false
true
true
true
true
true
5295044
false
false
false
false
false