Os anuncios que se mostran nos vídeos de YouTube ou nas curtas que ves está adaptados aos teus intereses. Baséanse na túa configuración de anuncios de Google, no contido que viches e en se tes a sesión iniciada ou non.
Como personalizar os anuncios que se che mostran en YouTube e Google
Subscríbete á canle YouTube Viewers para estar ao tanto das últimas noticias, novidades e consellos.
Cando tes a sesión iniciada, hai unha serie de factores que, sen identificarte, poden influír nos anuncios que se che mostran:
- Tipos de vídeos que vises
- Aplicacións instaladas no teu dispositivo e o uso que fagas delas
- Sitios web aos que accedas
- Identificadores anónimos asociados ao teu dispositivo móbil
- Interaccións anteriores cos servizos de publicidade ou anuncios de Google
- Localización xeográfica
- Intervalo de idade
- Sexo
- Interaccións cos vídeos de YouTube
Estes anuncios baséanse no contido dos vídeos que vises tanto se tes a sesión iniciada como se non.
Xestionar a configuración de privacidade dos anuncios
Podes controlar os anuncios que se che mostran en función da configuración de anuncios da túa Conta de Google. Tamén tes a opción de ver, eliminar ou pór en pausa o teu historial de visualización de YouTube.
Desactivar os anuncios
Se non queres ver anuncios en YouTube, bótalle unha ollada ás nosas subscricións de pago.
No caso de que queiras deixar de ver un anuncio concreto sen informar sobre el, selecciona Máis ou Información
Bloquear anuncio
no propio anuncio. Esta opción só está dispoñible se decides personalizar os anuncios que se che mostran en O meu centro de anuncios.
Informar dun anuncio
Se algún dos anuncios che desagrada, sigue os pasos que se mostran máis arriba para xestionar a configuración de anuncios. No caso de que o anuncio sexa inadecuado ou incumpra as políticas publicitarias de Google, podes informarnos.
Para facelo, selecciona Máis ou Información
Denunciar anuncio
ou completa e envía o formulario correspondente. O noso equipo revisará o informe e tomará medidas se o considera conveniente.
A opción de informar sobre os anuncios só está dispoñible en YouTube para móbil ou na versión web.
Completar formularios de clientes potenciais
Cando abras un formulario de clientes potenciais nunha campaña de vídeo en YouTube, algúns campos estarán xa cubertos se tes a sesión iniciada na túa Conta de Google.